Inicio Galicia A Xunta participa na reunión do comité executivo do consorcio da Rede...

A Xunta participa na reunión do comité executivo do consorcio da Rede Española de Albergues Xuvenís

0

A nosa comunidade conta con nove albergues asociados á REAJ que participan en programas de intercambio internacional


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou hoxe na reunión do comité executivo da Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ) que se celebrou na sede do Instituto da Xuventude (Injuve) en Madrid.

Así, entre os temas debatidos durante a sesión, fíxose un repaso aos datos estatísticos que reflicten que no ano 2017 o número de pernoitas en albergues de Galicia foron 27.348. Nesta orde, tamén se analizou o número de solicitudes de reservas de grupos. Na nosa comunidade o pasado ano contabilizáronse 14 reservas, máis do dobre que no 2016. Tamén se deu conta das vendas de carné de alberguista, que pretende ser un elemento útil para a persoa usuaria, non só para hospedarse nestas instalacións senón tamén para empregalo como complemento nas viaxes e na vida cotiá grazas aos seus importantes descontos. En 2017 expedíronse na nosa comunidade 742 destes documentos.

Leer más:  Se está investigando a un residente de Noia (A Coruña) después de descubrir una plantación de marihuana en una finca contigua a su casa

Ademais disto, o comité executivo da REAJ, do que Cecilia Vázquez é secretaria xeral, tamén abordou a situación de programas que desenvolve esta entidade, como son os premios Movic ás mellores propostas de ocio e tempo libre, concursos para a promoción do colectivo, as iniciativas para o intercambio de xente nova en albergues internacionais ou os proxectos de campamentos solidarios.

A asistencia a esta sesión ten unha gran importancia para o impulso do tecido alberguista galego, xa que a comunidade conta con varias instalacións integradas na REAJ como os albergues xuvenís de Gandarío (Bergondo), LUG II (Lugo), Residencia Xuvenil Altamar (Pontevedra), Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas (Ourense), As Corcerizas (Vilar de Barrio, Ourense), Os Biocos (San Xoán de Río, Ourense), Equal (Coles, Ourense), Monte do Gozo (Santiago de Compostela) e Artsurfcamp (Carballo).

Cómpre destacar que a través da REAJ, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado tamén pon en marcha programas de intercambios xuvenís que permiten aos mozos e mozas galegos beneficiarse dunha oportunidade única para experimentar, vivir e colaborar nos albergues doutros países co obxectivo de mellorar os seus coñecementos nun ambiente internacional. 

Leer más:  Del Prestige a Pelegrín o la inacabable comisión de cajas: historia de las investigaciones políticas en el Parlamento

- Te recomendamos -