Ferrol, 18 de setembro de 2018.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, presentou hoxe en Ferrol o conto infantil titulado Marola e os celtas, un relato ilustrado e póstumo de Miguel Ángel Fernández Fernández no que tamén participou a súa neta, Mar de Araoz Alonso, e que supón un primeiro achegamento aos antigos poboadores de Galicia. Por parte da Xunta tamén asistiu a este acto a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, tamén asistiu a este acto que se desenvolveu na Fundación para o Fomento do Coñecemento da Construción Naval e das Actividades Marítimas (Exponav).
Na súa intervención, Rey Varela destacou que este relato “pode axudar a espertar a curiosidade dos máis pequenos pola historia, ademais de propiciar hábitos de lectura que son beneficiosos para aumentar a comprensión e habilidades comunicativas”.
- Te recomendamos -