Inicio Galicia A Xunta participa na II Semana da Prevención de Incendios enfocada a...

A Xunta participa na II Semana da Prevención de Incendios enfocada a dar a coñecer á cidadanía diversas ferramentas para previr e evitar riscos

0

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, indicou que a sociedade de hoxe en día está sometida a diferentes riscos tecnolóxicos e naturais, que en moitos casos poden predicirse e polo tanto pódese coñecer como previr e paliar os riscos


O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, participou esta mañá xunto ao alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, na inauguración da II Semana de Prevención de Incendios centrada principalmente en dar a coñecer, tanto a escolares como a público en xeral, ferramentas para previr e evitar posibles riscos.

Luis Menor indicou que a sociedade de hoxe en día está sometida a diferentes riscos tecnolóxicos e naturais, que en moito casos grazas aos avances poden predicirse e polo tanto pódese coñecer como previr e paliar os riscos.

Menor reiterou na necesidade de crear unha cultura preventiva, de aí que incidiu na importancia que ten que dende os centros escolares se favoreza estes comportamentos, xa que coñecer como se poden previr moitas catástrofes, así como paliar os efectos daqueles riscos non predicibles, é unha tarefa de gran importancia.

Nunha sociedade cada vez máis tecnificada, o risco aparece como unha realidade da que hai que tomar conciencia para atender a previlo e vivir así con máis seguridade, rematou Luis Menor. 


- Te recomendamos -