Inicio Galicia A Xunta participa na constitución da Mesa local de coordinación contra a...

A Xunta participa na constitución da Mesa local de coordinación contra a violencia de xénero do Concello de Moraña

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, salientou a importancia da colaboración entre todos os axentes implicados na loita contra a violencia de xénero


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou esta mañá na constitución da Mesa local de coordinación contra a violencia do concello de Moraña, na que participarán diversos axentes implicados nesta loita como os representantes municipais, das forzas e corpos de seguridade do Estado ou do Centro de Información á Muller.

A responsable autonómica destacou a importancia de iniciativas como as Mesas Locais de coordinación, que permiten estender ao ámbito municipal o espírito de cooperación necesario para afrontar esta lacra. O obxectivo é prestar cada día servizos de atención de maior calidade, así como facilitar unha mellor accesibilidade aos recursos e prestacións ás mulleres vítimas da violencia de xénero.

Segundo destacou a secretaria xeral, é un deber dos poderes públicos acometer as medidas necesarias para avanzar na prevención e erradicación da violencia de xénero, a través da posta en marcha de actuacións en materia de sensibilización, asesoramento, atención e protección ás mulleres que a sofren. Por iso, resaltou a importancia de coordinar e facer o máis accesibles posibles todos os recursos e servizos dirixidos a estas mulleres.


- Te recomendamos -