Inicio Galicia A Xunta licita en máis de 600.000 euros obras de conservación e...

A Xunta licita en máis de 600.000 euros obras de conservación e mantemento da Muralla de Lugo e a consolidación do cubo VII

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou que as empresas interesadas en optar a estes contratos teñen de prazo ata o día 28 de novembro para presentar ofertas

A Consellería de Cultura e Turismo licita hoxe na plataforma de contratación da Xunta de Galicia dous contratos de obras a executar proximamente na Muralla de Lugo por un investimento global de máis de 602.000 euros.

Así, por unha banda publícase a licitación das obras de consolidación estrutural do cubo VII e do lenzo interior da súa contorna inmediata, que teñen un orzamento de 324.000 euros, e por outra, o contrato de conservación e mantemento para o vindeiro ano, por importe de 278.500 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou que as empresas interesadas a optar a estes contratos teñen de prazo ata o día 28 para presentar ofertas. “Unha vez máis -afirmou-, ponse de manifesto o compromiso da Xunta co patrimonio cultural de Lugo e, en concreto, coa Muralla romana, na que se suceden os investimentos encamiñados a garantir a súa protección e integridade, acorde a súa condición de Patrimonio Mundial”.

Leer más:  La primera semana de octubre, Juan Carlos I, Felipe VI y Leonor se encontrarán en distintas ubicaciones de la ría de Pontevedra

As obras no Cubo VII -situado preto da Porta do Bispo Odoario- consistirán na escavación con intervención arqueolóxica do cubo a nivel do adarve, para resolver as filtracións de humidades e as gretas verticais; colocarase unha lámina xeotextil para a mellor protección dos elementos interiores, entre eles a escaleira, e executarase un novo recheo.

Ademais, está prevista a demolición da estrutura de formigón armado dun antigo centro de transformación existente no recinto interior da Muralla, así como a desmontaxe e retirada dos aparatos eléctricos e a escavación da área.

A zona de actuación alcanza tamén a unha franxa de dous metros no xardín exterior da Muralla, na que se profundizará ata a cota orixinal romana. Durante os traballos, realizarase un levantamento topográfico en 3D das estruturas romanas que se atopen.

Polo que respecta ao contrato de mantemento da Muralla, ten por obxecto acometer labores de conservación dos lenzos, tanto exteriores como interiores, así como do adarve e das escaleiras e solucionar posibles incidencias que requiran de reparacións de solados, fábricas e albardillas. Tamén se restauran elementos como revocaduras, estruturas metálicas ou varandas.

Leer más:  El PSdeG pide a la Xunta un Plan de Formación adicional para los profesionales de la salud

Un apartado relevante o da retirada da vexetación, que se realiza de forma manual. Neste sentido, cabe lembrar que dende o ano 1997 se desenvolveron distintos proxectos co apoio da Universidade de Santiago de Compostela para o control fitosanitario da Muralla, coa finalidade de definir a metodoloxía a seguir para obter os resultados máis eficaces sobre o control da flora empregando ao mesmo tempo os produtos máis respectuosos co medio ambiente.

Seguindo con esta liña de traballo, un dos obxectivos deste contrato será testar sobre un espectro maior a eficacia de bioherbicidas, definindo as tarefas a realizar durante un ano, que é o tempo que se estima para poder obter os resultados de campo. 


- Te recomendamos -