O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a secretaria xeral da Igualdade e a delegada territorial da Xunta en Ourense visitaron hoxe un dos proxectos que botou a andar grazas as axudas deste programa
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda indicou hoxe que o Goberno galego leva investidos preto de 8 millóns de euros para apoiar proxectos empresariais liderados por mulleres ao abeiro do Programa Emega.
Alfonso Rueda acompañado da secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira visitou hoxe unha adega no concello de Leiro que recibiu unhas das axudas do Programa Emega, concretamente 15.500 euros da convocatoria do ano pasado para por en marcha a adega.
O Programa Emega naceu coa finalidade de dar apoio económico ao emprendemento feminino e á consolidación de proxectos empresariais liderados por mulleres. Por unha banda, o programa é unha medida integral de promoción da igualdade no eido laboral e por outra banda, inclúe accións favorecedoras da conciliación laboral e familiar, o que se traduce que dende o ano 2009, en torno a 600 proxectos capitaneados por mulleres foran beneficiarias destas axudas.
Preto de 8 millóns de euros para que as mulleres emprendedoras que o desexen poidan materializar as súas ideas empresariais, contribuíndo así á creación de novos postos de traballo, máis de 1.000 postos de traballo dende o ano 2009.
Precisamente hoxe sae publicado no Diario Oficial de Galicia a resolución das axudas deste ano polas que un total de 72 proxectos liderados por mulleres contarán cunhas axudas que superan os 850.000 euros para poñer en marcha os seus proxectos.
- Te recomendamos -