O Goberno galego cumpriu a súas obrigas de mellorar das augas da ría executando en colaboración cos concellos o Plan de saneamento local
A Xunta de Galicia lembra o investimento de 100 millóns de euros no saneamento da ría do Burgo e empraza ao Goberno de España a asumir a súa responsabilidade de executar o dragado. O Executivo autonómico asumiu e cumpriu as súas obrigas de mellorar as augas da ría, especialmente mediante a execución desde o ano 2011 do Plan de saneamento local da ría.
O dragado pendente é unha actuación de rexeneración do litoral, de competencia estatal, e como tal foi planificado, deseñado e tramitado pola Administración xeral do Estado.
O anterior Goberno de España demostrou o seu compromiso coa actuación, mediante a elaboración do proxecto de dragado, que someteu a tramitación ambiental, e reflectiu ese compromiso nos Orzamentos Xerais do Estado, que están vixentes e deben executarse.
A Xunta lamenta que o delegado do Goberno en Galicia intente agora trasladarlle a responsabilidade sobre a falta de avances dun proxecto necesario agardado por todos os actores afectados pola situación da ría do Burgo, cando a Administración autonómica vén traballando arreo pola mellora da calidade desas augas.
Recentemente concluiron e se entregaron ao Concello de Oleiros as obras do tanque de tormentas de Santa Cruz, e se atopan en execución as últimas obras do Plan de saneamento local, os bombeos do Temple e a Pasaxe. Ambas actuacións suman un investimento superior aos 6 millóns de euros.
- Te recomendamos -