O adestrador pontevedrés de piragüismo foi responsable das cinco medallas olímpicas de David Cal e de tres metais inéditos coa selección brasileira
A Secretaría Xeral para o Deporte, en nome da súa titular, Marta Míguez, lamenta o pasamento no día de hoxe do adestrador de piragüismo Suso Morlán.
O adestrador pontevedrés foi responsable das cinco medallas olímpicas de David Cal, o padexeiro de Hío, ao que axudou a ser o mellor deportista olímpico español. Ademais, tras o traballo con David Cal, Suso Morlán adestrou á selección brasileira acadando tres novos metais inéditos para o país carioca nos Xogos de Río.
A secretaria xeral para o Deporte gabou a figura de Suso Morlán describíndoo como “un dos mellores adestradores de Galicia de todos os tempos”. “O legado que nos deixa Suso é incalculable, tanto a nivel persoal como deportivo. As súas leccións e ensinanzas perdurarán na historia non só do deporte galego senón tamén de toda a nosa cultura”, concluíu.
- Te recomendamos -