Inicio Galicia A Coruña A Xunta lamenta as novas trabas do concello da Coruña ao Plan...

A Xunta lamenta as novas trabas do concello da Coruña ao Plan de entrada dos autobuses ao centro da cidade, que prexudican aos veciños de Betanzos, Miño e Ordes

0

A terceira fase do Plan porase en marcha o vindeiro 30 de abril, mentres que a cuarta e última non poderá activarse antes de finais do mes de maio

A Xunta de Galicia lamenta as novas trabas que pon o Concello da Coruña ao Plan de acceso dos autobuses ao centro da cidade e que, nesta ocasión, prexudican aos veciños dos concellos de Miño, Betanzos e Ordes. Na xuntanza da comisión bilateral de seguimento do Plan que tivo lugar esta mañá, o edil de Mobilidade trasladou a negativa da Administración local á proposta do Goberno galego de unificar a entrada das 14 liñas que faltan por incorporarse ao Plan, unha vez acreditado o seu éxito e a nula incidencia no tráfico.

Debido a esa negativa á unificación do Concello da Coruña, a terceira fase do Plan porase en marcha este mesmo mes, o vindeiro 30 de abril, mentres que a cuarta e última non poderá ser activada antes de finais do mes de maio.

A programada como terceira fase do Plan de acceso dos autobuses ao centro da Coruña está composta por seis liñas, das cales catro xa veñen accedendo e realizando paradas no no núcleo urbano antes das nove da mañá.

Leer más:  PP y BNG de Vigo exigen la renuncia de los concejales involucrados en el contrato de Guns N' Roses y advierten sobre la posibilidad de recurrir a la vía penal

A CORUÑA-CARRAL-SANTA MARÍA DE VIGO-LEMA


- Te recomendamos -