Inicio Galicia A Xunta inviste na provincia máis de 310.000 euros en axudas a...

A Xunta inviste na provincia máis de 310.000 euros en axudas a equipamentos nas escolas infantís dependentes dos concellos

0

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, visitou o punto de atención á infancia de Boimorto que recibe unha achega de 35.000 euros, o 100% de axuda solicitada


O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, informou da orde de axudas para obras de mellora, accesibilidade, adquisición de novo equipamento e para a integración das novas tecnoloxías nas aulas das escolas infantís municipais que beneficiaron a 14 concellos da provincia da Coruña dos cales 8 son da comarca de Santiago de Compostela e a súa área de influencia (Ames, Boimorto, Brión, Melide, Negreira, Ordes, Teo e Vedra).

Este investimento permitirá dotar este centro municipal dunha saída de emerxencia na parte ampliada do edificio, mellorar a rampa de acceso, tapiar unhas escaleiras, instalar unha nova varanda e novos xogos no parque infantil anexo.

Na provincia de Coruña, esta liña de axudas financiou actuacións en 14 centros de atención á infancia de 0 a 3 anos. En concreto, a unidade de atención á infancia de Boimorto, que conta con 20 prazas, recibiu este ano unha achega de 35.000 con cargo a esta liña de axudas, que obtén financiamento por parte do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020. Na provincia da Coruña beneficiáronse tamén Ames, Brión, Melide, Negreira, Ordes, Teo, Vedra, Cariño, Neda, Valdoviño, Arteixo, Miño e Ribeira.

Leer más:  Un camionero fallece en la A-52 en Toén (Ourense) al ser arrollado después de descender del vehículo por un reventón en una de las ruedas

Esta liña de axudas está dirixida ás corporacións locais que teñan en funcionamento unha escola infantil 0-3 ou un punto de atención á infancia da súa titularidade, ou aquelas que unicamente dependan da dotación do equipamento preciso para o desenvolvemento da actividade para seren postos en marcha no curso 2018/19. En concreto, mediante esta orde fináncianse obras menores de adecuación e mellora das infraestruturas dos centros de atención á primeira infancia, así como obras novas de escasa contía que melloren a accesibilidade ou doten o edificio de servizos necesarios.

Así mesmo, asúmese a adquisición e mellora do equipamento do centro, incluída a compra de mobiliario interior e exterior e de material didáctico e de xogo. Por último, a liña atende tamén á dotación de conexión á internet e compra de dispositivos para a integración das novas tecnoloxías na aula, tales como ordenador, encerado dixital, gravadoras, cámaras de vídeo ou similares.

Ovidio Rodeiro explicou que “a liña de axudas pode alcanzar ata o 100 % do investimento cunha contía máxima por cada centro de 20.000 euros para as actuacións destinadas á realización de obras e de 15.000 euros para a compra de equipamento e mais á integración das novas tecnoloxías na aula”. En resumo, cada concello pode percibir ata un máximo de 35.000 euros, con independencia do número de centros para os cales presentara solicitude.

Leer más:  El BNG solicitará la comparecencia de Rueda por no permitir que Galicia tenga control sobre su presupuesto

Ovidio Rodeiro avanzou que o orzamento de 2019 contempla, por cuarto exercicio consecutivo, o mantemento desta liña de subvencións por un montante global de 712.000 euros. Deste xeito, as novas contas de Política Social para o vindeiro ano “amosan a vontade da Xunta de Galicia de mellorar a calidade de vida das familias galegas ofertando os mellores recursos de conciliación para os seus fillos e fillas”, recalcou.

A atención á infancia e o apoio ás familias é unha prioridade para o conxunto do Goberno galego e ten o seu reflexo no presuposto de 2019, no que esta área aumenta as súas partidas nun 8% en comparación con este ano ata acadar os 143 millóns de euros. Esta maior marxe orzamentaria permitirá consolidar, ademais das ordes de axudas para investimentos de mellora en escolas infantís, outras medidas que forman parte do Programa de apoio á natalidade (PAN Galicia) como son os bonos Coidado e Concilia, as Casas Niño ou a posta en marcha de novas escolas infantís en contornas laborais.

Leer más:  Ninguno de los municipios gallegos con zonas de gran afluencia prevé seguir a Santiago e implantar una tasa

- Te recomendamos -