Inicio Galicia A Xunta inviste 3,7 millóns de euros en 115 proxectos non agrícolas...

A Xunta inviste 3,7 millóns de euros en 115 proxectos non agrícolas que permitirán crear un centenar de empregos no rural

0

Esta liña de axudas de Medio Rural está dirixida ás pequenas empresas que buscan ampliar ou modernizar a súa actividade mediante a adquisición de maquinaria e equipamento

A Consellería de Medio Rural a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) vén de resolver a convocatoria de axudas a proxectos de investimento en actividades non agrícolas. Esta liña de axuda, que medrou un 27,60% con respecto ao ano pasado, ascende aos 3.726.055 millóns de euros e irá dirixida a pequenas empresas que desenvolvan a súa actividade no rural galego.

Así, nesta convocatoria beneficiaranse 115 empresas que buscan ampliar ou modernizar a súa ocupación por medio da adquisición de maquinaria e equipamento e mellorar así o seu proceso produtivo. Por provincias as subvencións repartiranse de forma equitativa: 26 empresas na Coruña, 26 en Lugo, outras 26 de Ourense e 37 en Pontevedra. Os seus proxectos suporán un importen inducido no agro galego superior aos 8,2 millóns de euros.

Un estímulo para a creación de empregoEste gasto suporá un estímulo para xerar emprego nas áreas rurais. De feito, a previsión é que se creen 96 novos postos de traballo, dos cales 40 estarían ocupados por persoas pertencentes aos colectivos con maior dificultade á hora de atopar traballo: mulleres, menores de 25 anos, desempregados con máis de 55 anos ou persoas con diversidade funcional. Así mesmo, a liña contribuirá a consolidar preto de 1.000 empregos nas empresas beneficiarias.

As persoas e entidades beneficiarias deberán xustificar parcialmente os investimentos correspondentes á anualidade 2018 antes do 17 de setembro deste ano. O prazo final de execución e xustificación rematará o 29 de xuño do 2019. 


- Te recomendamos -