O delegado territorial, Ovidio Rodeiro, destacou que a Consellería de Política Social está facendo un intenso traballo para a promoción da accesibilidade universal
O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, deu a coñecer o investimento que a Consellería de Política Social fará na comarca ao abeiro da orde de axudas destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público. Neste senso, informou que se realizan obras en Cabana de Bergantiños, Cerceda e A Laracha grazas a unhas axudas de 144.000 euros que suporán un investimento total de 206.000 euros.
O representante do goberno autonómico visitou, acompañado polo alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, a avenida de Bergantiños e avda de Finisterre, as dúas rúas nas que se realizaron as obras de adaptación de pasos de peonís e a instalación de sistemas de reforzo lumínico ao abeiro destas subvencións.
O representante do goberno autonómico apuntou que “esta orde de axudas vai dirixida aos concellos galegos para a mellora ou adaptación de infraestruturas e/ou dotación de equipamento nos espazos públicos e edificios destinados á prestación de servizos co fin de garantir a accesibilidade e a supresión de barreiras arquitectónicas e de comunicación”.
O delegado territorial destacou que “a Consellería de Política Social está facendo un intenso traballo en materia de atención a persoas con discapacidade, así como as relativas ao desenvolvemento de accións de fomento destinadas á promoción da accesibilidade universal para toda a cidadanía”.
Para o financiamento desta convocatoria destinouse un crédito este ano 2018 de 837.000 euros, financiados con fondos Feder no programa operativo de Galicia 2014/2020 nunha porcentaxe do 80% , e encádrase no obxectivo de promover a inclusión social, loitar contra a pobreza en contra de calquera forma de discriminación.
A contía máxima de subvención por entidade beneficiaria será dun 70% do orzamento total, cun máximo de 60.000 euros. Na provincia da Coruña realizaranse obras en dez concellos cunha axuda total para os mesmos de 393.402 que permitirán unha inversión total de 562.000 euros.
A orde mediante a cal se subvencionaron estes proxectos, enmárcase na Estratexia Galega sobre discapacidade 2015-2020. A Estratexia galega sobre discapacidade 2015-2020, dirixe os seus esforzos cara os aspectos considerados clave para avanzar na consecución da igualdade real das persoas con discapacidade e a súa inclusión social. Este documento é o resultado dun proceso en que participaron as principais entidades sociais e profesionais neste eido e constitúe a folla de ruta que está a aplicar a Xunta nos vindeiros anos para promover que as persoas con discapacidade poidan gozar dunha vida autónoma e independente.
Para acadar este obxectivo, a estratexia susténtase nunha serie de liñas transversais con vocación de impregnar o conxunto de actuacións que se desenvolven ao seu abeiro e que son a accesibilidade; a participación; a investigación, a innovación e a calidade; e a igualdade de xénero.
Concello
Tipo
Denominación da actuación
Orzamento total
Subvención concedida
Cabana de Bergantiños
Edificio público
Auditorio municipal: instalación de ascensor.
36.000,00 €
25.200,00 €
Cerceda
- Te recomendamos -