Inicio Galicia A Xunta insta ao Goberno e a Alcoa a reaccionar para dar...

A Xunta insta ao Goberno e a Alcoa a reaccionar para dar unha resposta urxente á situación na que se atopa a empresa

0

Reitera que a Xunta está aberta ao diálogo e á colaboración co Goberno central posto que defende a unidade de acción, pero fai fincapé nos tempos e urxe a que se consigan avances que, na xuntanza, “non se produciron”

Madrid, 21 de novembro de 2018.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, instou hoxe ao Goberno e a Alcoa a reaccionar para dar unha resposta urxente á situación que atravesa a empresa en Galicia e Asturias. Así o manifestou tras participar na mesa de traballo convocada polo Goberno á que asistiron, ademais, representantes do Principado, das administracións locais da Coruña e de Avilés e os sindicatos.

Normal

0

21

false

false

false

ES

X-NONE

X-NONE

/* Style Definitions */

table.

MsoNormalTable {mso-style-name:”Tabla normal”; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-priority:99; mso-style-parent:””; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:”Times New Roman”,”serif”;}

 Conde reiterou que a Xunta está aberta ao diálogo e á colaboración co Goberno central porque defende a unidade de acción, remarcou. Pero tamén fixo fincapé nos tempos para subliñar que urxe que se consigan avances que, na xuntanza, dixo, “non se produciron”, nin por parte do Goberno nin por parte de Alcoa, que rexeitou asistir ao encontro. “Non se plantexaron medidas concretas para desbloquear a situación e, polo tanto, temos un traballo por diante”, asegurou.  Segundo precisou, o plantexamento segue a ser o de defender os postos de traballo e concentrar todos os esforzos para que a multinacional retire da mesa o ERE e se abra a negociar. E, para iso, asegurou, o Executivo galego quere achegar propostas consensuadas co resto de empresas electrointensivas de Galicia, coas que onte mesmo constituíu un grupo de traballo para identificar as súas necesidades a curto e longo prazo. “Precisamos solucións concretas, precisamos avances, porque cada vez queda menos tempo e necesitamos respostas por parte do Goberno e por parte de Alcoa”, subliñou.  Un marco enerxético estable O conselleiro sinalou que o Goberno central sabe que conta co apoio de Galicia na tarefa de establecer unha folla de ruta concreta e precisa en materia de política enerxética. Un marco estable que permita ao sector -do que dependen 4.500 traballadores e traballadoras en Galicia- seguir desenvolvendo a súa actividade e incrementando a súa competitividade cun custo enerxético homologable e comparable ao do conxunto de países europeos.  En palabras de Conde, toda proposta que se consiga artellar para dar á industria e, en particular, aos traballadores e traballadoras de Alcoa certezas e repostas, contribuirá a que non se tensione á alza o prezo da electricidade en España que, neste momento, engadiu, é o principal argumento que pode motivar decisións como o ERE que vén de presentar a multinacional norteamericana.  Reiterou, así, a importancia de establecer medidas urxentes polo feito de que estamos nunha conta atrás; e estruturais, é dicir, que permitan de cara ao futuro deseñar un marco enerxético que dea estabilidade e garantías ás empresas electrointensivas e que non repercuta sobre a súa competitividade.  Nese sentido, considerou necesario que a poxa convocada para a primeira metade do 2019 non achegue máis incertezas ás empresas que concorren e que se oferte a totalidade do máximo de megavatios, que son 2.929MW. Tamén, que se executen os fondos consignados nos Orzamentos Xerais do Estado para que as electrointensivas poidan  compensar os gastos da poxa de 2018. E, en terceiro lugar, instou ao Goberno a que estableza medidas de compensación, como as que ten previstas para compensar os custos indirectos de emisións CO² ou os incrementos da tarifa eléctrica polo fomento das enerxías renovables.   Neste momento, concluíu, “a sensación é de preocupación polo posicionamento de Alcoa e pola falta de propostas”, posto que desde a última reunión, lembrou, “non se produciu ningún tipo de plantexamento e precisamos avanzar para poder dar unha resposta concreta aos traballadores e traballadoras e garantir a actividade industrial”, que é o principal obxectivo da Xunta de Galicia. “Precisamos unha rectificación por parte da empresa e do Goberno”, aseverou. 


- Te recomendamos -