Inicio Galicia A Xunta iniciará o xoves a colocación da pasarela na ponte de...

A Xunta iniciará o xoves a colocación da pasarela na ponte de Xulián, en Redondela, para o que será necesario o peche ao longo da mañá da estrada PO-250

0

A actuación enmárcase nas obras do itinerario peonil nesta estrada, no punto quilométrico 0+160, que permitirán completar un traxecto continuo no tramo urbano de Redondela, que actualmente se atopa interrompido á altura da ponte

A Xunta comezará o vindeiro xoves as obras de colocación dunha pasarela na ponte de Xulián, na estrada PO-250, en Redondela, para o que será necesario o peche ao tráfico desta vía, dende as 9 ás 13 horas.

A actuación enmárcase nas obras do itinerario peonil nesta estrada, no punto quilométrico 0+160, que permitirán completar un traxecto continuo no tramo urbano de Redondela, que actualmente se atopa interrompido á altura da ponte.

A infraestrutura executarase na marxe dereita da obra de paso e contará cun ancho mínimo de 2 metros, co que garantirá a circulación de peóns e ciclistas en condicións máis seguras.

As obras previstas comprenden tamén a reposición de firmes, pavimentos e paso de peóns, a drenaxe da senda peonil para evitar na base do cruceiro posibles empozamentos de auga, a sinalización, balizamento e defensas e a reposición dos servizos afectados.

Ademais, prevese o acondicionamento da contorna do peto de ánimas de Pasais, situado ao carón da estrutura actual, mediante o recheo e pavimentación con lousa de granito. Desta forma, conseguirase unha zona transitable ao redor deste elemento patrimonial de interese. 


- Te recomendamos -