Inicio Galicia A Xunta iniciará o luns a reparación da canalización do río Loureiro,...

A Xunta iniciará o luns a reparación da canalización do río Loureiro, na estrada PO-551, en Bueu, para o que será necesario o corte dun carril, con tráfico alternativo polo outro

0

Para facilitar a execución da obra tamén cómpre restrinxir o aparcadoiro nas marxes da estrada

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2018.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciará o luns as obras de reparación na canalización do río Loureiro, na estrada PO-551, en Bueu, o que fará necesario o corte dun carril, con tráfico alternativo polo outro.

Para facilitar a execución da obra tamén será necesario restrinxir o aparcadoiro nas marxes da estrada, polo que o Concello de Bueu sinalizará a prohibición de aparcar por mor dos traballos.

Esta actuación programouse neste mes porque é o momento no que se rexistra un menor curso de auga e a estrada conta con menos tráfico, o que suporá unha diminución das afeccións.

Os traballos, adxudicados a Construcciones Taboada y Ramos S.

L por un importe de máis de 48.000 euros, teñen un prazo de execución dun mes aproximadamente.

As obras levaranse a a cabo no Pq. 10+335 da PO-551, á entrada de Petís, e consistirán na demolición da beirarrúa, reconstrución da canalización do río augas arriba do pozo de rexistro e da obra de drenaxe mediante a colocación dunha tubaxe e a reposición do firme. 


- Te recomendamos -