O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, avanza que os traballos sobre a vía iniciaranse o xoves e suporán actuar sobre os 11,15 quilómetros de percorrido
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda ten previsto iniciar este semana as obras de mellora da seguridade viaria e reforzo localizado do firme na estrada autonómica LU-133, entre as localidades de Reme (Ribadeo) e Vilamar (Barreiros)O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que os traballos sobre o terreo iniciaranse previsiblemente este xoves, 2 de agosto, aínda que mañá mesmo está previsto proceder á sinalización da obra e a acometer diversos traballos preparatorios que son previos.
A empresa adxudicataria, Isidro Otero, actuará ao longo dos 11,15 quilómetros de vía distribuídos en dous treitos: Entre o p.q. 6+640 (glorieta de intersección coa LU-P-6103 a Trabada) a 14+300 (na entrada de San Vicente) e o p.q. 17+350 (intersección coa LU-P-5207 a Ribadeo) a 21+240 (final da estrada, na intersección coa N-640)Os traballos consistirán na regularización da superficie actual do firme nos espazos mais deteriorados (fresados localizados) e na extensión dunha nova capa de rodadura en todo o ancho da plataforma.
Ademais está previsto a reposición da sinalización horizontal nos treitos afectados polas actuacións e colocación de ollos de gato e a substitución de barreiras de seguridade e instalación de novos treitos de barreiras.
Balseiro explica que a o proxecto inclúe un prazo de execución destas obras de catro meses, e avanza que o investimento previsto para estes traballos está próximo o millón de euros.
Con todo, esta obra completa unha executada nos primeiros seis quilómetros destas mesma vía e promovida nos anos 2015 e 2016, e que daquela supuxo un investimento adicional 485.000 euros, polo que investimento global do Goberno galego nesta vía será de preto 1,5 millóns de euros
- Te recomendamos -