A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio leva a cabo accións para minimizar as perdas de solo que poden ocasionar as primeiras choivas
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de iniciar os traballos de restauración nas zonas do Parque Natural do Invernadoiro, afectadas polos incendios provocados por raios e rexistrados no pasado mes de agosto.
Estas labores de restauración comezaron coa inspeccións sobre o terreo para obter as primeiras aproximacións da situación no monte. Os traballos ten por obxectivo evitar que as previsibles choivas de finais do verán provoquen perdas de solo por escorredoiros nuns montes con pendentes acusadas.
Os traballos comezaron coa sega e empacado do feo que medra nos prados do mesmo parque natural, co que se asegura que non se introducen sementes de especies alleas aos ecosistemas do parque. A continuación esparexese as faixas ao longo da ladeira afectadaAo mesmo tempo, cos restos dos piñeiros, uceiras e queirogais queimados, realízanse faxinas dun par de metros de lonxitude e uns 50 cm de alto, colocadas entre as faixas de palla, co que se consegue unha barreira eficaz contra as perdas do solo
- Te recomendamos -