Inicio Galicia A Xunta inicia este sábado a execución de obras de acondicionamento na...

A Xunta inicia este sábado a execución de obras de acondicionamento na estrada PO-254, Ponteareas-Mondariz, cun investimento de máis de 48.000 euros

0

Esta actuación iniciase en fin de semana para aproveitar as condicións meteorolóxicas favorables, co obxectivo de acurtar os prazos de execución

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciará mañá a execución de obras de acondicionamento na estrada autonómica PO-254, Ponteareas-Mondariz, cun investimento de más de 48.000 euros.

Esta actuación adxudicada a Audeca, S.

L.

U iniciase en fin de semana para aproveitar as condicións meteorolóxicas favorables, co obxectivo de acurtar os prazos iniciais de execución de 2 meses e tentar telas rematadas neste mesmo ano.

A intervención proxectada polo departamento de Infraestruturas da Xunta comprende distintas actuacións que inclúen o reforzo de firme e a reposición de sinalización horizontal en distintos treitos da estrada PO-254, ao seu paso polos concellos da provincia de Pontevedra, Ponteareas, Mondariz Balneario e Mondariz.

Os traballos obxecto desta actuación, prevén a rehabilitación do firme no treito da estrada PO-254, comprendido, os puntos quilométricos 6+800 e 7+300, que coincide cos primeiros 500 m da travesía de Mondariz Balneario.

As obras incluirán o repintado da totalidade desta estrada, de 9,4 km, aproveitando o mesmo para mellorar tres interseccións no treito da estrada autonómica que percorre o Concello de Ponteareas, habilitando ademais carrís centrais de espera.

Leer más:  Del Prestige a Pelegrín o la inacabable comisión de cajas: historia de las investigaciones políticas en el Parlamento

En canto aos tres cruces nos que se prevé intervir no termo municipal de Ponteareas, unha das actuacións acometerase na intersección que coincide o punto quilométrico 1+180 coa estrada da Deputación, de acceso Ás Eiras e á igrexa de Bugarín. Mellora solicitada este verán pola asociación de veciños desta parroquia.

Tamén se actuará no cruce cuns viais locais da parroquia de Bugarín (A Freixa), no punto quilométrico 1+360, así como na intersección do punto quilométrico 3+250 coa estrada da Deputación, de acceso a O Oteiro e á igrexa de Prado, no punto quilométrico 3+350.

Estas obras enmárcanse no Plan de reforzos de firme, co obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica e incrementar a seguridade viaria  


- Te recomendamos -