Inicio Galicia A Xunta inicia este luns a rehabilitación do firme da estrada provincial...

A Xunta inicia este luns a rehabilitación do firme da estrada provincial Meira- Fraga, vencellada ás actuacións necesarias para avanzar no terceiro tramo da autovía do Morrazo

0

O departamento de Infraestruturas destina a esta intervención preto de 214.000 €

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, inicia este luns a rehabilitación do firme da estrada da Deputación provincial de Pontevedra, EP-1102, Meira- Fraga, vencellada ás actuacións necesarias para avanzar as obras do terceiro tramo da autovía do Morrazo.

A intervención da Xunta nesta estrada faise despois de ser empregado o vial provincial para o desvío do tráfico durante a execución de distintos traballos no tramo III da autovía do Morrazo. Esta obras serán executadas por Construcións Obras e Viais, S.

A, Covsa, cun investimento de preto de 214.000 euros. E a actuación do departamento de Infraestruturas da Xunta inclúe intervencións que permitirán mellorar as características actuais desta estrada, ao seu paso polo Concello de Moaña. A duración dos traballos na estrada se estima en dous semanas, se as condicións meteorolóxicas así o permiten. Durante este período a vía provincial terá cortado un carril, dándose paso alternativo ao tráfico a cada sentido da circulación. 


- Te recomendamos -