Inicio Galicia A Xunta inicia as obras de reforzo de firme en varias estradas...

A Xunta inicia as obras de reforzo de firme en varias estradas das comarcas de Betanzos, Ferrol e O Eume, que empezan pola estrada AC-151, entre Campolongo e Montesalgueiro

0

Nestas intervencións de conservación da rede viaria autonómica inclúense tamén actuacións na Vía de Altas Prestacións Vilar do Colo-Mugardos

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de iniciar as obras de reforzo do firme en varias estradas da comarca de Betanzos, Ferrol e O Eume, empezando a execución das mesmas pola estrada AC-151, entre Campolongo (N-651) e Montesalgueiro (N-VI).

Estas intervencións, que se enmarca dentro do Plan de Reforzos de Firme da Xunta, co obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica e incrementar a seguridade viaria, inclúe tamén actuacións na Vía de Altas Prestacións Vilar do Colo-Mugardos.

O investimento da consellería para acometer as distintas actuacións programadas nestas estradas é de preto de 625.000 euros e o prazo de execución é de 4 meses..

Estas obras de reforzo do firme beneficiarán aos concellos de Irixoa, Vilarmaior, Mugardos, Neda, Aranga, Mugardos, A Capela, Monfero, Pontedeume, Ares e Fene.

Os traballos a realizar iniciáronse esta semana pola AC-151, onde se prevé o maior investimento, e cuxa intervención dispón dun prazo estimado dun mes.

De seguido, as obras se prolongarán nos seguintes meses polas outras estradas.

A execución das obra centraranse na rehabilitación do firme das distintas estradas, mediante fresado e reposición das zonas puntuais que presentan algún tipo de deformación, salvo na AC-121, na que se estenderá un microaglomerado.

A maiores, nas vías AC-151, AC-121 e AC-144 e pavimentaranse os primeiros metros dos entronques entre estas estradas e algúns camiños secundarios, co fin de evitar arrastres. Ademais, mellorarase o firme nas paradas de bus.

En todas as estradas para facilitar a drenaxe se limparan as marxes e os elementos de drenaxe, e tamén reperfilaranse as gabias en terras, e se completarán as arquetas.

Plan de reforzos de firmesCoa execución deste tipo de traballos, a consellería continúa co desenvolvemento do Plan de Reforzos de Firme, que nos Orzamentos para 2018 incrementouse de modo moi importante a súa dotación de 15 a 20 millóns de euros.

A Xunta segue a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos. A Consellería de Infraestruturas está a realizar importantes esforzos en materia de conservación de estradas, con actuacións que non só se limitan ás tarefas ordinarias de conservación, senón que ademais se complementan con obras de conservación extraordinarias.


- Te recomendamos -