Os traballos centraranse no acondicionamento de sete pasos de peóns destas vías co fin de optimizar a accesibilidade e a visibilidade
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda comeza hoxe as obras de mellora de seguridade viaria nunha contorna de treitos de concentración de accidentes nas travesías de Narón, nas estradas Ferrol- límite de provincia (AC-862) e Narón- Campo do Hospital (AC-566).
Os traballos centraranse no acondicionamento dun total de sete pasos de peóns nestas estradas co fin de optimizar a accesibilidade e aumentar a visibilidade.
As obras consistirán na ampliación de beirarrúas nas marxes dos pasos de peóns, así como no reforzo de sinalización e no repintado naqueles puntos nos que sexa necesario.
Tamén se levarán a cabo rebaixes e se colocarán baldosas de botóns para facilitar a súa percepción, en especial por parte das persoas invidentes ou con mobilidade reducida.
Este proxecto está enmarcado na estratexia deseñada pola Xunta para ter eliminados en 2020 todos os tramos de concentración de accidentes nas estradas autonómicas mediante a execución de 40 actuacións en 90 km, cun investimento de 12,3 millóns de euros.
O Goberno galego, mediante este tipo de actuacións, segue a traballar no obxectivo prioritario de proporcionar aos usuarios unhas vías seguras e cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.
- Te recomendamos -