Inicio Galicia A Xunta inicia as expropiacións para a supresión dos tramos de concentración...

A Xunta inicia as expropiacións para a supresión dos tramos de concentración de accidentes na estrada PO-552, en Vigo, cun investimento de máis de 1 millón de euros

0

Esta intervención de mellora da seguridade viaria fai necesaria a expropiación de 17 parcelas, destinándose 62.000€ ao pago dos terreos aos titulares das mesmas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o Decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para a execución das obras de mellora da seguridade viaria (MSV) na contorna dun tramo de concentración de accidentes na estrada PO-552, Vigo-Tui, ao seu paso polo Concello de Vigo.

O orzamento estimado da nova intervención impulsada pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ascende a máis de 1 millón de euros, incluíndose os 62.000 euros para o pago das expropiación das 17 parcelas necesarias para esta actuación. No seguinte enlace ao DOG pode consultar a información: https://bit.ly/2BgLQTIA intervención aprobada xa polo Consello da Xunta ten por obxecto mellorar a seguridade viaria nun treito de 4,5 da estrada autonómica PO-552, entre a intersección coas estradas da Matamá e Muíños e á entrada de San Miguel de Oia, no municipio olívico. Na mesma realizaranse unha serie de actuacións encamiñadas a reducir a posibilidade de aparición de sinistros nesta zona de carácter urbano e periurbano cunha elevada intensidade de tráfico.

As obras previstas comprenden a transformación da intersección coas estradas a Matamá e Muíños, situada no punto quilométrico 1+100 da marxe dereita, executando unha glorieta. Tamén se converterá noutra rotonda a intersección co camiño de Romeu, situada no punto quilométrico 1+780,que comunica coa PO-325.

As tarefas inclúen así mesmo a reordenación da intersección de baixada á Gándara, no punto quilométrico 2+100, na que se restrinxirán os xiros, que poderán realizarse na nova glorieta do punto quilométrico 1+770 e na existente no 2+300. Ao tempo se executará unha nova glorieta no punto quilométrico 3+060, que permitirá restrinxir o de entrada á rúa Manuel Lago, no punto quilométrico 2+900, habilitarase un cambio de sentido no punto quilométrico, 3.820.e construirase unha glorieta no punto quilométrico 5+100 para moderar a velocidade e facilitar os cambios de sentido en condicións de seguridade.

Ademais intervirase en pequenos tramos de beirarrúas, complementarios á mellora das interseccións, reforzarase a sinalización dos pasos de peóns do tramo, e limitarase o aparcadoiro nos 10 m anteriores para facilitar a súa percepción, e melloraranse as paradas de autobús.

Esta iniciativa están enmarcadas na estratexia do Goberno galego para ter eliminados en 2020 todos os treitos de concentración de accidentes nas estradas autonómicas. Na área de Vigo, execútanse 12 obras para suprimir os 18 puntos negros, cun investimento que rolda os 5,5 M€.

En paralelo con esta aposta por reforzar a seguridade viaria nas estradas de titularidade autonómica, a Xunta tamén fomenta a mobilidade sostible en Vigo e na súa contorna a través do Plan de sendas na comarca, á que destinar arredor de 6 M€ en un total de 11 itinerarios nunha zona caracterizada pola súa alta densidade de poboación.


- Te recomendamos -