Inicio Galicia A Xunta incrementa os fondos destinados ás axudas para a instalación de...

A Xunta incrementa os fondos destinados ás axudas para a instalación de novos ascensores e salvaescaleiras, que acadan un orzamento de preto de 3,1 millóns de euros

0

O DOG publica hoxe a resolución na que amplía a contía das axudas, que este ano xa duplicaban as do 2017, engadindo agora a Consellería de Infraestruturas e Vivenda máis de 600.000 euros para atender as solicitudes presentadas


Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2018.- A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución polo que se incrementa a contía dos fondos que se destinarán ás axudas para a instalación de ascensores, salvaescaleiras e outros mecanismos que faciliten a accesibilidade nas vivenda, cun orzamento total que suma preto de 3,2 millóns de euros A Consellería de Infraestruturas e Vivenda no seu interese en atender todas as solicitudes presentadas ata o 30 de maio, data na que rematou o prazo de presentación, anuncia no DOG o incremento de 639.650 euros a sumar aos os fondos iniciais de 2,5 millóns de euros. Trátase de atender a elevada demanda de axudas da convocatoria de 2018, cuxos fondos xa duplicaban aos da convocatoria de 2017, de 1,3 millóns de euros. A primeira convocatoria lanzada pola a consellería no ano 2017 tivo unha moi boa acollida, concedéndose 59 axudas e posibilitando á instalación de ascensores en máis de 400 vivendas en toda Galicia. O notable incremento de dotación en 2018, que é case dúas veces e media a do ano pasado, suporá atender preto de 150 solicitudes para a instalación de ascensores e outros aparellos elevadores, e que farán posible chegar a un número moi superior de fogares galegos, que se aproximará aos 1.000. Estas axudas poden empregarse para a instalación de novos ascensores en edificios residenciais colectivos e tamén en vivendas unifamiliares e vivendas tipo dúplex. Tamén son aplicables para a instalación de elevadores, salvaescaleiras e outros dispositivos que faciliten a accesibilidade entre os diferentes andares da edificación. As mesmas son compatibles con outras axudas que se poidan conceder para o mesmo fin, sen que o importe conxunto das mesmas superen o 100% do gasto.

No caso de edificios residenciais colectivos, os destinatarios das axudas son as comunidades de propietarios e, no caso das vivendas unifamiliares e dúplex, os propietarios. En todos os casos debe tratarse de persoas físicas. No caso das vivendas unifamiliares e dúplex, os ingresos ponderados da unidade familiar non poderán supera 3,5 veces o Iprem.

As axudas do departamento de Infraestruturas da Xunta se destinan á instalación de ascensores, salvaescaleiras e outros aparellos para a mellora da accesibilidade onde non existen, ofrecendo así a Xunta outra liña de axudas para favorecer a accesibilidade, como as que concede a Consellería de Economía, Emprego e Industria, destinadas a la renovación de ascensores xa existentes.

O importe da subvención á nova instalación de ascensores e outros aparellos elevadores será do 60% do custe da actuación. Como máximo, o importe da axudas é o seguinte:

 


- Te recomendamos -