O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da ampliación destas axudas
A Xunta de Galicia publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o incremento en case 160.000 euros na dotación das axudas á rehabilitación de antigas vivendas de mestres e doutros oficios, así como edificacións de titularidade municipal. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a este anuncio: https://goo.gl/6GCUaAA convocatoria, publicada en decembro de 2017, prevía un total de 948.332 euros, correspondentes ás anualidades de 2018 (108.332 euros) e 2019 (840.000 euros). Á vista do volume de solicitudes, amplíase a dotación das axudas, de maneira que o total será de 1.107.806,99 euros.
Estas axudas concedidas ao abeiro da convocatoria de 2018 suporán máis do dobre das concedidas en 2017, na que se concederon o cen por cento das solicitadas e o crédito correspondente á anualidade 2018.
No que se refire á convocatoria actual, xa foron concedidas su a sete concellos por un importe total de máis de 893.000 euros e están en tramitación as solicitudes doutros concellosOs concellos beneficiarios das axudas son Tordoia, 1 vivenda; Ordes, 1; Bande, 3; Vilardevós, 6; Mos, 1; Rianxo, 4; Oia, 2; e Sober, 4.
Poden beneficiarse destas axudas de rehabilitación os concellos de menos de 20.000 habitantes nos que existan demandantes de vivenda inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia e cumpran os requisitos establecidos.
As vivendas resultantes da rehabilitación deberán ser destinadas como residencias habituais en alugueiro por parte de unidades de convivencia con rendas baixas.
- Te recomendamos -