A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participou esta mañá no debate sobre a desigualdade de xénero no traballo, no salón de graos da facultade de ADE
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella indicou hoxe a importancia das políticas de conciliación e apostar pola corresponsabilidade entre homes e mulleres para avanzar cara unha igualdade de xénero-A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participou esta mañá no debate sobre a desigualdade de xénero no traballo, no salón de graos da facultade de ADE , onde explicou que este mes foi aprobado no Consello da Xunta o Plan galego de Conciliación e Corresponsabilidade, sendo a nosa comunidade a primeira en contar cunha planificación neste eido.
O obxectivo do Plan, como especificou López Abella é poñer en marcha, consolidar e visibilizar un abano de actuacións que favorecen a conciliación e a corresponsabilidade. En concreto, o documento pon o foco no reparto equitativo das responsabilidades doméstico-familiares entre mulleres e homes, seguindo así as últimas decisión adoptadas pola Comisión Europea.
O Plan é o resultado dun traballo conxunto do Goberno galego e segue cinco principios orientadores, que son a igualdade entre mulleres e homes, corresponsabilidade social, cooperación e coordinación institucional, colaboración cos axentes económicos e sociais e posta en valor do papel das familiares.
- Te recomendamos -