Inicio Galicia A Xunta inaugura a XXI edición da Escola de Verán do Poder...

A Xunta inaugura a XXI edición da Escola de Verán do Poder Xudicial

0

A cita reúne a profesionais do mundo da xustiza nun marco de reflexión análise e estudo de diversos temas da actualidade, sendo este ano o eixo central a violencia desde as súas distintas perspectivas


O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, inaugurou hoxe a XXI edición da escola de verán do Poder Xudicial no Pazo de Mariñán (Bergondo), no que se dan cita profesionais do mundo da xustiza nun marco de reflexión, análise e estudo de diversos temas da actualidade. Desde 1997 celebráronse 80 cursos coma este no que participaron máis de 2300 xuíces e maxistrados. Ao acto tamén asistiu o delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro.“Estamos a vivir importantes cambios no panorama xudicial que fan necesario, agora máis que nunca, foros de reflexión como o presente, para sentar as bases que nos permitan camiñar cara unha xustiza que dea resposta ás necesidades do noso tempo”, explicou o conselleiro durante a súa intervención. Neste sentido, esta edición xira entorno ao Poder Xudicial fronte á violencia, como fenómeno que nas súas distintas perspectivas, non só xurídicas, preocupa aos xuíces, poderes públicos e á sociedade no seu conxunto.

Desde a administración autonómica proclamouse sempre como prioridade a xustiza e “estamos dispostos a dotala dos medios precisos para que os membros da carreira xudicial cumpran día a día o mandato constitucional que teñen encomendado”, afirmou Rey Varela. Así, o compromiso da Xunta de Galicia coa Administración de xustiza exprésase a través da planificación co correspondente respaldo orzamentario para achegar as novas tecnoloxías aos órganos xudiciais, ou para construír ou mellorar as infraestruturas físicas.“Tamén é necesario investir en medios intanxibles como é a capacitación continua e especializada, que dote de instrumentos a quenes no día a día se enfrontan a situacións propias dun tempo novo e que requiren dunha constante actualización para un mellor servizo aos cidadáns e á Xustiza”, engadiu o responsable da carteira autonómica. Deste xeito, con esta nova edición a escola de verán continua a súa consolidada tradición de calidade formativa, contando cun excelente elenco de relatores que trasladarán a súa experiencia e indiscutible calidade aos participantes no curso.

Tal e como afirmou Rey Varela durante a súa intervención, avanzar na mellora da calidade da xustiza, a pedra angular do sistema de igualdade e garantías do que gozamos, é cousa de todos, “de aí a importancia de ter bos xuíces que melloren a súa capacitación para despregar o seu traballo adaptándose aos profundos cambios sociais para seguir prestando un servizo eficiente aos cidadáns”, concluíu.


- Te recomendamos -