Inicio Galicia A Xunta impulsa en Ponteareas formación sobre a aplicación das TIC á...

A Xunta impulsa en Ponteareas formación sobre a aplicación das TIC á xestión dos aproveitamentos forestais

0

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, inaugurou hoxe na localidade pontevedresa un curso promovido por Fearmaga sobre o uso das novas tecnoloxías nesta industria


O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, salientou hoxe na localidade pontevedresa de Ponteareas, na inauguración do curso Aplicación das TIC á xestión dos aproveitamentos forestais e ás relacións coas administracións, que, a través da Lei de implantación empresarial a Xunta favoreceu a creación da xanela única e a eliminación, con carácter xeral, da autorización das cortas e a súa substitución por unha comunicación previa (declaración responsable) para reducir os prazos administrativos.

Esta medida veu acompañada da posta en marcha dunha plataforma de comunicacións e autorizacións de aproveitamentos forestais que facilita a tramitación. Segundo os datos da Consellería do Medio Rural, en menos de catro meses, esta plataforma en liña recibiu 17.130 solicitudes, o que se traduce nuns 155 trámites diarios. Deles, a maioría son declaracións responsables, o trámite máis rápido xa que o solicitante non ten que esperar unha resposta da administración.

Leer más:  La niebla dificulta el tráfico en la A-8 entre Arroxo y O Someiro, en Lugo

O curso que hoxe bota a andar está impulsada pola Federación Empresarial de Aserradores y Rematantes de Madera de Galicia (Fearmaga) co impulso da Xunta, no marco da Estratexia de formación da industria forestal de Galicia, elaborada coa participación das principais asociacións representativas deste ámbito, e que permitirá impulsar a especialización de máis de 5000 profesionais cunha oferta formativa á medida. búscase dar resposta ás necesidades das empresas e facilitar a adaptación dos traballadores á incorporación da última tecnoloxía.

Dentro desta Estratexia, véñense de resolver as axudas para o desenvolvemento de 24 actividades formativas e 23 de divulgación, con axudas por máis de 180.000 euros e das que se benefician sete entidades, entre as que se atopa Fearmaga. Ademais, Xera incorporará dous simuladores portátiles de procesadora e autocargador forestal para a formación dos profesionais do sector forestal de Galicia.


- Te recomendamos -