Inicio Galicia A Xunta formaliza os tres primeiros meses do período de alto risco...

A Xunta formaliza os tres primeiros meses do período de alto risco coa previsión de amplialo a outubro

0

Contra o final do verán deberá tramitarase a declaración por un mes máis, tal como se comprometeu a consellería

O período de alto risco de incendios comeza o 1 de xullo e por primeira vez chegará ata finais de outubro. De feito, o Diario Oficial de Galicia publica hoxe a primeira declaración da época de perigo alto de incendios forestais entre o 1 de xullo e o 30 de setembro. Trátase do primeiro anuncio que deberá ampliarse formalmente durante os meses de verán por un mes máis, tal e como se tiña anunciado por parte da Consellería do Medio Rural.

A decisión de estender a temporada de alto risco decidiuse despois de que nos últimos anos as condicións meteorolóxicas en outono fosen favorables para a propagación de lumes. Así, por primeira vez todo o operativo está xa preparado para continuar traballando ao longo do mes de outubro.

De feito, a encomenda de xestión á empresa pública de Servizos Agrarios Galegos, S.

A. (Seaga) é nesta ocasión de catro meses, un mes máis do que viña sendo habitual neste servizo. Os brigadistas entrarán a traballar o día 2 de xullo e manterán os contratos ata o 31 de outubro. Iso significa que durante ese mes haberá o mesmo número de persoas traballando sobre o terreo que nos meses de verán, tanto persoal propio como os 500 empregados de Seaga. En caso de que as condicións meteorolóxicas non requiran da súa intervención na extinción de lumes, as brigadas de Seaga seguirán desenvolvendo labores de prevención nos montes de xestión pública de Galicia.

En total, como é habitual, máis de 7.000 persoas compoñen este ano o dispositivo de loita contra incendios forestais para a temporada de verán, integrado por persoal da Xunta, do Ministerio, do exército e das Corpos e Forzas de Seguridade do Estado. Ademais, este ano, tamén por primeira vez, o 100% das vacantes do persoal autonómico do operativo estarán cubertas.


- Te recomendamos -