A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta de Galicia, Amparo González, realizou unha visita ao Centro de Educación Especial Miño, situado na parroquia ourensá de Velle. O obxectivo é coñecer de primeira man como se está a levar adiante un proxecto de actividades para persoas con necesidades educativas especiais no que participa un grupo de dez alumnos e alumnas. Esta iniciativa xurde da necesidade de facilitar ás familias destas persoas menores un recurso de conciliación e un espazo de respiro.
Durante as dúas semanas que dura esta experiencia, os participantes desenvolven un programa de xogos e actividades dirixidas a fomentar a autoestima e a autoeficacia persoal. Así, en cada unha das accións os alumnos e alumnas potencian as súas habilidades e capacidades, tendo en conta as necesidades específicas de cada un deles. Así mesmo, aproveitase a contorna natural, a música e a interacción con outras persoas como unha vía para acadar a finalidade da proposta que non é outra que os alumnos e alumnas gocen da súa participación nesta iniciativa, que ten un horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.
- Te recomendamos -