Esta parada dará servizo aos autobuses interurbanos na saída da cidade, polo que facilitará a mobilidade dos empregados públicos que traballan nesta zona
Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2018.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de asinar un convenio de colaboración co Concello de Santiago para a execución antes de finais do ano dunha parada de autobús na rúa Clemente Fernández Sarela, en San Lázaro.
Esta parada dará servizo aos autobuses interurbanos na saída da cidade, polo que facilitará a mobilidade dos empregados públicos que traballan nesta zona.
A Xunta elaborará a documentación necesaria e realizará as obras de construción desta parada con capacidade suficiente para a espera de tres autobuses en hora punta.
As actuacións, que constan dun orzamento de preto de 62.000 euros, consisten na reforma da beirarrúa da marxe esquerda para habilitar unha zona de estacionamento. Ademais, instalarase un refuxio para o resgardo dos usuarios.
Unha vez rematados os traballos, o Concello de Santiago asumirá a explotación e conservación desta parada de autobús.
O Goberno galego, coa colaboración neste tipo de actuacións, continúa apostando por dotar aos concellos das infraestruturas necesarias para mellorar a calidade de vida dos cidadáns, neste caso, facilitando a mobilidade dos usuarios dos servizos de autobús prestados nesta contorna.
- Te recomendamos -