Inicio Galicia A Xunta executa os traballos pendentes para concluír a autovía de acceso...

A Xunta executa os traballos pendentes para concluír a autovía de acceso á Plisan, en Salvaterra de Miño, mediante un investimento de máis de 240.000 euros

0

As tarefas consisten na aplicación da capa de rodadura no tronco e nos ramais dos enlaces á plataforma loxística, prevéndose o seu remate ese mesmo ano

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras para completar a execución da autovía AG-51 que dá acceso á Plisan e a comunica coa A-52 a través do enlace de Puzo Lira, que no día de onte puxo en servizo o Ministerio de Fomento. Estes traballos estanse a desenvolver no municipio de Salvaterra de Miño e supoñen un investimento superior aos 240.000 euros.

Os traballos que executa Construcciones Rafer SL, consisten na aplicación da capa de rodadura no tronco e nos ramais dos enlaces, así como a sinalización pendente na saída 291 entre os puntos quilométricos 1+840 e 3+692.

Deste xeito, a actuación céntrase no treito de 1,9 quilómetros que quedou pendente de executar no marco do proxecto de acceso á Plisan desde a A-52, para evitar o seu deterioro en tanto en canto non se iniciaba a actividade empresarial na plataforma loxística.

Debido aos avances nas obras da Plataforma loxística e a previsión do próximo inicio da comercialización do solo empresarial, decidiuse acometer agora a extensión desa capa de rodadura, que se prevé rematar este mesmo ano se o permite a climatoloxía.

A Xunta culmina así definitivamente unha infraestrutura na que que investiu 24,7 millóns de euros para dotar á Plataforma loxística de Salvaterra-As Neves duns accesos axeitados coa A-52, e que permitirán abrir ao tráfico o treito da AG-51 comprendido entre a Plisan e o enlace á estrada autonómica PO-402.


- Te recomendamos -