Inicio Galicia A Xunta estuda cos secretarios, interventores e tesoureiros a adaptación da normativa...

A Xunta estuda cos secretarios, interventores e tesoureiros a adaptación da normativa autonómica ao novo réxime estatal

0

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, reuniuse hoxe con representantes do Colexio de secretarios, interventores e tesoureiros da administración local (Cosital)


A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, reuniuse hoxe con representantes do Colexio de secretarios, interventores e tesoureiros da Administración local (Cosital) para estudar a adaptación da normativa autonómica ao novo réxime estatal.

O obxectivo do encontro foi coñecer as achegas dos funcionarios habilitados nacionais nesta materia. Cómpre recordar que a publicación do Real Decreto 128/2018, do 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional supón a necesidade de elaborar un novo decreto que substitúa ao 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da comunidade autónoma de Galicia respecto dos funcionarios con habilitación de carácter estatal.

Esta reunión inscríbese no diálogo fluído que a Xunta mantén cos secretarios, interventores e tesoureiros que exercen o seu traballo na comunidade autónoma.

Neste sentido, cómpre tamén recordar que a Administración autonómica habilitou este ano por vez primeira unha bolsa de interinos destinada a cubrir as vacantes dos postos de habilitación nacional que existan nos concellos galegos. Trátase dun sistema áxil, eficaz e que libera ás entidades locais do custo económico dun proceso selectivo. Os concellos interesados poden solicitar voluntariamente a cobertura destes postos a través deste procedemento cando non poden facelo de xeito definitivo ou en comisión de servizos, acumulación ou nomeamento provisional.


- Te recomendamos -