Inicio Galicia A Xunta estuda co Concello de Salvaterra de Miño as necesidades da...

A Xunta estuda co Concello de Salvaterra de Miño as necesidades da escola infantil da rede A Galiña Azul nese municipio

0

O concello conta cunha ratio de cobertura pública en escolas infantís do 29,11%, tres puntos por debaixo da mínima recomendada pola Unión Europea


O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social, Perfecto Rodríguez, acompañado pola tenente de alcalde de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, e por técnicos da unidade de Obras do Consorcio, visitou esta mediodía a escola infantil da rede autonómica A Galiña Azul nese concello pontevedrés, que oferta 61 prazas (4 unidades) para nenos de 0 a 3 anos no presente curso 2018-2019.

O xerente do Consorcio e a responsable municipal aproveitaron o encontro para estudar as necesidades dese centro, considerando a conveniencia de ampliar a escola infantil que xestiona o Consorcio nese municipio. Neste momento, o centro de Salvaterra conta con 58 nenos e nenas matriculados do total de 61 prazas malia que, debido á distribución das unidades por grupos de idade e á obrigatoria reserva de prazas para casos de emerxencia social, a lista de agarda actual acada os 25 nenos e nenas.

Leer más:  Rueda insiste en que será "muy reivindicativo" con la financiación: "No renuncio a lo que nos pertenece"

A ratio de cobertura pública en escolas infantís nese concello sitúase no 29,11%, máis de tres puntos por debaixo do 33% mínimo recomendado pola Unión Europea. O xerente do Consorcio afirmou que “precisamente para poder cumprir esa recomendación europea e, de ser viable e necesaria a ampliación da escola, a Xunta estudaría co Concello de Salvaterra a posibilidade de financiar parte desa actuación a través de fondos Feder”.

Cómpre destacar que o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar xa acometera nos últimos anos obras de mellora na escola de Salvaterra. Concretamente, no ano 2016, investiu máis de 15.000 euros para instalar un sistema de aire acondicionado no centro e, no pasado ano 2017, outros 8.500 euros para dotar ao patio exterior de tres toldos extensibles para a protección dos pequenos das altas temperaturas durante os meses de verán.


- Te recomendamos -