Inicio Galicia A Xunta está a executar melloras nunha vintena de depósitos de auga...

A Xunta está a executar melloras nunha vintena de depósitos de auga nos montes do sur lucense, cun investimento de 16.500 euros

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou que o Goberno galego promove “explotacións forestais viables que se consoliden como alternativa de renda á agricultura”

A Consellería do Medio Rural está a executar traballos de mellora máis dunha vintena de puntos de captación de auga situados nos concellos do sur lucense. En concreto, 14 destes depósitos localízanse no municipio de Quiroga, e o resto na Pobra de Brollón (catro), Pantón (tres), Monforte de Lemos, Folgoso do Courel e Sober.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, subliñou que a Consellería destina 16.500 euros a este proxecto. En xeral, realízanse pequenas reformas para manter en estado óptimo as infraestruturas, como a instalación de arquetas de rexistro, desaugadoiros en PVC e outros elementos necesarios para mellorar o rendemento dos depósitos.

As obras están executadas ao 60 por cento e benefician a montes de titularidade privada, na súa maioría en man común, que teñen subscrito un acordo de xestión coa Xunta.

Balseiro afirmou que a Consellería do Medio Rural persegue a ordenación dos bosques e a dotación de infraestruturas axeitadas que permitan reducir o risco e os danos por incendios, impulsando explotacións forestais viables que se consoliden como alternativa de renda á agricultura. 


- Te recomendamos -