Inicio Galicia A xunta entrégalle 400 cortaventos de alta visibilidade á asociación Discamino e...

A xunta entrégalle 400 cortaventos de alta visibilidade á asociación Discamino e á Federación Galega de Ciclismo para mellorar a seguridade destes colectivos nas estradas

0

Vázquez Mourelle salienta que estas prendas son clave para previr atropelos e incidir en que os ciclistas se fagan visibles cando transiten por estradas


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, entregoulles hoxe 400 cortaventos de alta visibilidade á asociación DisCamino e á Federación Galega de Ciclismo co fin de mellorar a seguridade destes colectivos nas estradas.

Vázquez Mourelle explicou que estas prendas, que se entregan por terceiro ano consecutivo, resultan clave para previr atropelos e incidir na necesidade de que os ciclistas se fagan visibles cando transiten por estradas.

Salientou que se trata dunha prenda para concienciar a todas as partes, tanto aos ciclistas, para que utilicen elementos que incrementen a súa visibilidade ante o resto de usuarios, como aos condutores doutros vehículos, para que respecten as normas de circulación e a distancia mínima nos adiantamentos.

O cortaventos é unha prenda técnica de calidade que o propio colectivo considera como a máis axeitada para facilitarlles a práctica do deporte. É de cor amarela fluorescente e ten reflectantes, para facer máis visible ao ciclista, tamén en situacións de menos luz. Ademais, na parte traseira leva inscrita a separación lateral obrigatoria de 1,5 metros que deben deixar os vehículos cando rebasen á persoa que circula en bicicleta, co lema “Eu fágome ver”.

Leer más:  Localizan el cuerpo sin vida de un hombre de 78 años dentro de una cuba de vino en Portas (Pontevedra)

Cada chaleco vai acompañado dun folleto explicativo de normas básicas de circulación para ciclistas, unhas sinxelas regras para refrescar cousas como que estes usuarios poden circular en paralelo de a dous se hai ancho suficiente na estrada ou que é obrigatorio que a bicicleta teña luces de noite.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade distribuíu nos anos anteriores uns 1.600 cortaventos entre os ciclistas, froito da colaboración coa Federación Galega de Ciclismo.

Esta cooperación incorpora neste exercicio á asociación Discamino, que fai posible que persoas con distintas capacidades fagan o Camiño de Santiago.

Cómpre lembrar que o Goberno galego leva moitos anos traballando en distintas medidas que incrementen a seguridade viaria, para ciclistas, peóns, condutores. Nesta liña, a semana pasada, xuntáronse catro departamentos da Xunta e a Dirección General de Tráfico para iniciar o reparto de máis de 7.000 chalecos reflectantes para peóns que circulan polas estradas.


- Te recomendamos -