Inicio Galicia A Xunta e ASCM celebran a vida de cen galegos centenarios coa...

A Xunta e ASCM celebran a vida de cen galegos centenarios coa publicación dun libro que recolle as súas experiencias

0

O exemplar pon en valor as vivencias destas persoas e serve para trasladalas ás novas xeracións, así como para reivindicar a súa valía na sociedade


A conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, participou hoxe na presentación do libro Cen x 100, unha publicación na que colabora o departamento autonómico que pon en valor as vivencias de galegos e galegas que cumpriron 100 ou máis anos. O exemplar recolle experiencias vitais dos participantes no proxecto así como fotografías realizadas polo artista Manuel Patinha.

Durante a presentación, a conselleira destacou que “coidar dos nosos maiores e reivindicar a súa valía na sociedade son eixos fundamentais que guían as políticas sociais da Xunta de Galicia”. Precisamente, nestes obxectivos se enmarca Cen x 100, ao tempo que serve como celebración da vida dos nosos maiores centenarios. “Eles teñen unha mochila chea de coñecementos e vivencias que merecen ser trasladadas ás novas xeracións, para que nunca esquezamos as nosas orixes, xa que o que hoxe somos é o resultado de todo o que eles fixeron por nós”, afirmou García.

Leer más:  La Xunta ofrece en este curso más de 132.000 plazas en su programa de formación de docentes, un aumento del 7,5%

A titular autonómica fixo fincapé en que a elaboración do libro serviu para comprobar a situación deste grupo de cen maiores, así como os avances que se teñen acadado no que respecta ao seu coidado e benestar. Tamén reflicte o camiño que queda por percorrer, unha senda na que “ASCM contará con respaldo da Xunta”, engadiu a conselleira.

Ante o aumento progresivo da idade media da poboación galega, Fabiola García sinalou que este feito é un signo de éxito como sociedade grazas ao alto nivel de coidados acadado e que permiten que vivamos non só máis, senón mellor. “Para elo traballamos desde a Xunta man a man con ASCM, para manter activos aos nosos maiores, porque a nosa terra non ten maiores activos ca eles”, concluíu Fabiola García.  


- Te recomendamos -