O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co embaixador de Ucraína en España, Anatoly Scherba.
O obxectivo da reunión foi analizar as fórmulas e posibilidades de cooperación entre Galicia e a rexión de Galitzia en Ucraína. Deste xeito, dáse tamén continuidade ao encontro mantido o pasado mes de xuño entre o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente do país, Petro Poroshenko.
- Te recomendamos -