Inicio Galicia A Xunta e a Cámara de Comercio da Coruña avanzan na elaboración...

A Xunta e a Cámara de Comercio da Coruña avanzan na elaboración de estratexias conxuntas de promoción industrial

0

O director do Igape, Juan Cividanes, clausurou a presentación do Plan de Promoción Industrial, elaborado pola institución cameral coruñesa co apoio da Administración autonómica

O director do Igape, Juan Cividanes, participou esta mañá na presentación do Plan Estratéxico de Promoción Industrial da Coruña e a súa área de influencia, elaborado pola Cámara de Comercio coruñesa en colaboración coa Xunta, co obxectivo de potenciar a implantación na zona de industrias innovadoras e mellorar a competitividade das existentes.

Cividanes destacou no acto a relevancia do traballo conxunto que a Xunta desenvolve con organismos como a Cámara de Comercio da Coruña para facer realidade a implantación da Industria 4.0 no tecido empresarial galego. Ese é o obxectivo principal da Axenda 4.0, posta en marcha pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e que, desde 2015, leva promovendo a modernización de máis de 4200 empresas con proxectos nos que se investiron máis de 340M€.

O director do Igape lembrou algunhas das medidas de apoio ás empresas galegas que inclúe a Axenda 4.0 e que desenvolve o Igape, como as axudas á dixitalización das pemes, que se activaron este ano por vez primeira; os proxectos de Industria 4.0 e de formación 4.0, realizados en colaboración cos clústers; as iniciativas enmarcadas no ReAcciona; e os Instrumentos de Financiación Innovadores (IFIS), préstamos que apoian, entre outras iniciativas, as de incorporación de tecnoloxías emerxentes.

Leer más:  Plan especial activado por riesgo de inundaciones ante el potencial desborde del río Verdugo en Ponte Caldelas

A sinatura en 2017 do convenio de colaboración entre o Igape e a Cámara para a actualización do plan presentado hoxe, que elabora desde 2010 a entidade coruñesa, pretende avanzar na elaboración de estratexias de promoción industriais coordinadas entre a Xunta e a entidade pública, mediante o diagnóstico da realidade industrial da Coruña e as súas zonas de influencia. Ademais da presentación do documento polos responsables da Cámara de Comercio da Coruña, o acto contou coa presenza do exministro e economista Josep Piqué, quen ofreceu unha intervención sobre a consolidación da Industria 4.0 no actual contexto económico marcado pola globalización dos mercados e a dixitalización dos procesos produtivos.


- Te recomendamos -