A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse esta mañá en San Caetano co presidente da asociación Down Compostela, Juan Jesús Martínez, coa intención de estudar novas liñas de colaboración que repercutan directamente na calidade de vida dos veciños do rural que contan con necesidades especiais.
Neste encontro, a conselleira coñeceu as demandas e necesidades deste colectivo, que aproveitou para presentarlle tamén os vindeiros congresos que terán lugar na cidade de Compostela e aos que convidaron á conselleira. Trátase do XVIII encontro nacional de familias e o X encontro nacional de irmáns de persoas con síndrome de Down. Unhas xornadas que a conselleira valorou positivamente, agradecendo a esta agrupación o seu labor a prol da integración social desta colectivo.
- Te recomendamos -