Inicio Galicia A Xunta destina máis de 200.000 euros para facer obras de mellora...

A Xunta destina máis de 200.000 euros para facer obras de mellora na ponte Ceilán sobre o río Tambre

0

O delegado territorial da Coruña reuniuse cos representantes municipais de Serra de Outes e Noia para presentarlles o proxecto


O delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, reuniuse esta mañá co alcalde de Noia, Santiago Freire e coa alcaldesa de Serra de Outes, María Beatriz Molinos para presentarlles o proxecto, que hoxe mesmo se licitou, para renovar e mellorar a Ponte Ceilán na AC-550 (Cee-Ribeira) sobre o río Tambre, no límite entre os concellos de Outes e Noia.

O obxecto da obra é e substituír as varandas das dúas marxes da ponte, que se atopan deterioradas, para mellorar a seguridade dos peóns. O delegado territorial sinalou que “estas obras permitirán aos viandantes transitar pola ponte con moita máis seguridade e contribuirán a embelecer o entorno”.

Os traballos iniciaranse coa retirada dos restos de musgo e plantas existentes nos bordos exteriores do taboleiro, mediante auga a presión. Segundo apuntou o delegado territorial, “esta limpeza é fundamental para poder levar a cabo a correcta execución dos traballos posteriores”.

Ademais, está prevista a retirada das varandas das dúas marxes da ponte. A continuación, se aplicará morteiro para tapar os ocos e aplicarase un tratamento de impermeabilización na parte superior da imposta.

Leer más:  Se está investigando a un residente de Noia (A Coruña) después de descubrir una plantación de marihuana en una finca contigua a su casa

Unha vez rematados estes traballos previos procederase á instalación de novas varandas de aceiro galvanizado. En total, colocaranse máis de 1.100 metros de varanda renovada para cubrir a extensión de todo a viaduto que ten 535 metros de lonxitude.

Ovidio Rodeiro informou que “o custe deste proxecto é de 204.548 euros e está previsto que as obras rematen nun prazo de dous meses dende que se proceda a súa adxudicación”. Asimesmo, apuntou que”durante a duración das mesmas está previsto que se compatibilicen a execución e o mantemento do tráfico rodado e só se procederá a establecer desvíos provisionais se fose necesario de forma puntual”.

Ponte NafonsoOvidio Rodeiro tamén lle trasladou aos representantes municipais que a Xunta de Galicia aprobou a redacción dun proxecto para levar a cabo un estudo para a renovación e posta en valor da Ponte Nafonso, un ben catalogado patrimonialmente, entre os mesmos municipios de Serra de Outes e Noia, na AC-196. Este proxecto estará rematado nos vindeiros meses para poder proceder a súa licitación e posterior execución.

Leer más:  El PSdeG pide a la Xunta un Plan de Formación adicional para los profesionales de la salud

As obras previstas consistirán na substitución do pavimento e da varanda existente, a limpeza da ponte, a mellora da iluminación e a instalación de paneis informativos e carteis de localización.

Neste senso, destacou “a importancia deste tipo de actuacións nas pontes porque as rehabilitacións integrais prolongan a súa vida útil e poñen en valor o que son xa elementos representativos do patrimonio e da historia dos concellos galegos”. 


- Te recomendamos -