Inicio Galicia A Xunta destina 45.000 euros a mellorar o edificio municipal que acolle...

A Xunta destina 45.000 euros a mellorar o edificio municipal que acolle a biblioteca de Cenlle

0

A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz, supervisou hoxe os traballos realizados que consistiron na substitución da cuberta e na reforma interior


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada do alcalde de Cenlle, Gabriel Alen, supervisou esta mañá as obras executadas no edificio municipal que acolle o servizo de biblioteca e unha sala para actividades culturais en virtude dun convenio asinado entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Concello, por un importe de 45.000 euros.

A actuación consistiu na substitución da cuberta co obxecto de evitar as humidades que de xeito continuo aparecen nas fachadas e no interior e na instalación dun sistema voladizo de protección que cubre as escaleiras exteriores polas que se accede á biblioteca, emprazada na primeira planta do edificio, para garantir a seguridade aos seus usuarios nos días de choiva. Ademais, realizáronse traballos de reforma interior que incluíron o acondicionamento dun aseo e a mellora da instalación de fontanería e eléctrica.

A colaboración institucional permite garantir que estas dependencias municipais destinadas a biblioteca e á organización de actividades culturais de animación á lectura ofrezan o seu servizo á cidadanía nunhas condicións óptimas. Neste contexto, Díaz Mouteira indicou que con este tipo de convenios “asegurámonos de ter os espazos necesarios para que poidan representarse as diversas manifestacións da cultura galega nun marco digno e axeitado ás necesidades reais dos nosos tempos”.

Leer más:  El Partido Popular de Viveiro desafía a dos concejales independientes a formar una moción de censura en contra de la alcaldesa del PSOE

A delegada territorial salientou o compromiso da Consellería de Cultura e Turismo coa promoción e difusión cultural a través de numerosas liñas de axudas convocadas anualmente así como de convenios asinados con entidades municipais, sociais e culturais.


- Te recomendamos -