O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, reuniuse co alcalde de Noia, Santiago Freire, para explicarlle o proxecto
Noia, 20 de xuño 2018.- O delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, reuniuse está mañá co Alcalde de Noia, Santiago Freire, para presentarlle o proxecto de iluminación da Ponte de Noia que se acaba de licitar, as obras comezarán aproximadamente nun prazo de 3 meses e terán unha duración de 3 meses para estar rematadas máis ou menos a finais de 2018.
O obxecto do contrato é complementar a iluminación do novo viaduto executado pola Xunta na ría de Noia, dotando de iluminación ornamental ao taboleiro, e mellorando a iluminación actual do contorno da ponte. As obras terán un custe de 326.943 euros. Con esta actuación a iluminación ornamental da Ponte será un atractivo máis nesta zona emblemática da ría de Noia.
Segundo explicou Ovidio Rodeiro “trátase de potenciar os elementos característicos da estrutura, para o que se deseña unha iluminación visible dende a propia ponte, destacando a verticalidade dos pilonos. O xogo de luces dos tirantes remátase no punto máis alto con proxectores que non deslumbren aos condutores”.
Ademais, apuntou o delegado territorial “dende a vila de Noia o que se observará será a silueta da ponte con forma de veleiro, para o cal deberá remarcarse a liñas estilizadas do taboleiro e a singularidade da zona central atirantada, conseguindo ao mesmo tempo o menos índice de luz difusa e reflectiva posible”.
O sistema de iluminación permitirá a creación de escenas mediante a regulación da intensidade de luz e cor poderanse realizar acendidos e apagados regulados, automatizar a iluminación, regular os luxes, temporizados e escenarios de iluminación. Co emprego da cor se permitirá dar vida a ponte, xa que estará dotado de posibilidades de cambio e movemento, pero sempre coas liñas mestras da construción presentes.
Para o deseño tívose especial coidado no tratamento da luz difusa e da contaminación lumínica, escollendo equipos que permitan a maior focalización posible sobre os elementos a iluminar. Ademais incidirase especialmente no aforro enerxético.
- Te recomendamos -