Inicio Galicia A Xunta destina 12,5 millóns de euros á liña de axudas para...

A Xunta destina 12,5 millóns de euros á liña de axudas para entidades sociais con cargo ao IRPF

0

A Consellería de Política Social habilita un millón de euros máis de crédito para incrementar o financiamento dos programas

A Consellería de Política Social vén de incrementar en máis dun millón de euros a liña de axudas dirixida ás entidades do terceiro sector financiada con cargo ao 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF). O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle esta ampliación que sitúa en 12,5 millóns de euros o importe total que a Administración autonómica distribuirá entre o tecido asociativo galego para a realización de programas sociais: 11,5 millóns xestionados pola Consellería de Política Social, 500.000 euros pola Vicepresidencia e outros 500.000 pola Consellería de Sanidade.

O obxectivo deste aumento do crédito é incrementar o financiamento dos diversos programas de iniciativa social. As liñas de actuación que se beneficiarán destes fondos están destinadas aos ámbitos da familia, infancia e dinamización demográfica; intervencións no campo da inclusión social, a promoción da autonomía persoal e o apoio á discapacidade; a investimentos e adecuación de centros e unidades de atención para maiores e persoas con discapacidade e accións centradas na mocidade e no voluntariado.

Cómpre indicar que o exercicio pasado, o Goberno galego financiou con cargo a este crédito de axudas do IRPF 200 programas sociais impulsados por 55 entidades que operan na nosa comunidade. Para ilustrar o tipo de iniciativas que se desenvolven con cargo a estas axudas, a modo de exemplo pódese sinalar a ONG Accem, que con estes fondos mellorou a atención ás mulleres migrantes máis vulnerables; programas de atención a persoas sen fogar e a maiores en situación de dependencia da Cruz Vermella ou a actividade de Fademga, que canalizou estas axudas ao apoio das persoas con discapacidade e as súas familias.


- Te recomendamos -