Inicio Galicia A Xunta destaca que a reapertura do mercado tomiñés de Goián impulsa...

A Xunta destaca que a reapertura do mercado tomiñés de Goián impulsa o emprendemento e a oferta comercial da localidade

0

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, visitou hoxe a infraestrutura, que contou cun apoio autonómico de 70.000 euros, e que está especializada en produtos locais

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, salientou hoxe na reapertura do mercado tomiñés de Goián que esta infraestrutura, que contou cun apoio da Xunta de 70.000 euros, permite impulsar o emprendemento na localidade.

Ao mesmo tempo, tal e como salientou Vázquez Abeal, compleméntase a oferta comercial con negocios especializados en produtos locais. Así, neste espazo, que se reforza tras unha reforma integral, desenvolven a súa actividade unha carnicería-chacinaría, unha peixería, unha froitería e unha tenda ecolóxica.

O Concello de Tomiño conta con outra praza de abastos municipal de maiores dimensións, que se converteu recentemente na primeira de Galicia en contar co selo de Mercado Excelente que concede a Xunta. Á hora de conceder este recoñecemento, valoráronse catro grandes áreas: a imaxe do mercado, instalacións e accesibilidade; a organización, unidade de xestión e profesionalidade dos praceiros e praceiras; a atención ao cliente e a prestación de servizos; e a implicación e integración do mercado na vida social do concello.

Leer más:  La facturación del sector servicios aumenta un 10% en Galicia en julio, siendo el tercer mayor incremento entre comunidades

- Te recomendamos -