A secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, Isabel Concheiro, destacou hoxe en Vigo o papel proactivo de Galicia con Europa na defensa dos seus intereses pesqueiros. Neste sentido, puxo como exemplo a Política Común de Pesca e a súa posterior reforma, un traballo que contou con aportacións da comunidade galega e de todo o seu sector pesqueiro. Fíxoo durante o acto do Día de Europa organizado pola Axencia Europea de Control da Pesca, ao que tamén asistiu o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves.
Alí a secretaria xeral tamén destacou o labor conxunto de Galicia e Europa en retos como a inspección da actividade pesqueira e a loita contra o furtivismo e a saída de Reino Unido da Unión Europea. En relación a este proceso, Isabel Concheiro apelou a aproveitar a ocasión e a facer del unha oportunidade. Ademais puxo como exemplo da boa relación de Galicia coas institucións europeas a que se mantén coa Axencia Europea de Control da Pesca e a participación da Autoridade Portuaria de Vigo na estratexia europea de Crecemento Azul.
- Te recomendamos -