Inicio Galicia A Xunta destaca o reforzo dos programas de carácter sociolaboral dirixidos á...

A Xunta destaca o reforzo dos programas de carácter sociolaboral dirixidos á poboación xitana

0

Abriuse tamén unha liña de financiamento específica para programas centrados nas familias


O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, destacou esta mañá o reforzo económico dos programas de carácter sociolaboral dirixidos á poboación xitana ao abeiro da estratexia de inclusión específica para este grupo de poboación para o período 2014-2020. Fíxoo na xornada de avaliación deste plan integral de actuación que hoxe se celebrou no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, e na que se convidou a participar a concellos, entidades e a outros departamentos da Xunta que traballan de forma sectorial nos obxectivos da devandita Estratexia.

Durante a presentación do encontro, Arturo Parrado explicou que entre os anos 2014 e 2017 o orzamento destinado por parte da Xunta de Galicia a programas de mellora da empregabilidade da comunidade xitana desenvolvidos polas corporacións locais aumentou de maneira progresiva. Así mesmo, subliñou a apertura dunha liña de financiamento para programas de educación familiar.

O director xeral agradeceu a colaboración da Fundación Secretariado Gitano no traballo de avaliación da estratexia e a súa participación nesta xornada de análise e debate. Ademais, apuntou que o seguinte paso será a constitución dun comité de seguimento composto por técnicos da Dirección Xeral de Inclusión Social, persoal dos concellos participantes na Estratexia, así como de entidades de iniciativa social. Deste comité xurdirán futuras propostas para seguir a atender as necesidades da poboación xitana.

Leer más:  Las cuatro provincias gallegas tienen puntos con mala calidad del aire debido a los incendios de Portugal

- Te recomendamos -