Inicio Galicia A Xunta destaca o papel do asociacionismo no impulso ao comercio do...

A Xunta destaca o papel do asociacionismo no impulso ao comercio do Barco de Valdeorras

0

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou na asemblea do centro comercial aberto local

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, participou hoxe na asemblea xeral ordinaria do centro comercial aberto (CCA) do Barco de Valdeorras. Na súa intervención, Vázquez Abeal destacou o papel desta entidade no impulso ao comercio local.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria colabora co CCA na posta en marcha de diferentes actuacións centradas na dinamización e na atracción de clientes, a través do programa para impulsar o traballo dos centros comerciais abertos, no que a asociación do Barco obtivo unha axuda de máis de 35.000 euros.

A Xunta ten en marcha o Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia, que busca modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego e que está articulado arredor de tres grandes retos: afianzar un sector comercial renovado; impulsar o smart commerce e o comercio electrónico; e potenciar o comercio excelente, traballando na dinamización e a mellora continua. Un dos eixos clave deste plan é o apoio ao asociacionismo comercial, polo importante labor que desenvolve na modernización e a dinamización do sector.

Leer más:  Incautan 104 litros de licor sin etiquetar escondidos en bidones de plástico en un bar de Santa Comba (A Coruña)

- Te recomendamos -