Inicio Galicia A Xunta destaca o papel de Expourense na dinamización económica da provincia

A Xunta destaca o papel de Expourense na dinamización económica da provincia

0

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, participou na inauguración da Feira Internacional de Produtos e Servizos Funerarios (Funergal), en cuxa décima edición participan 111 expositores de 14 países

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, destacou hoxe na inauguración da Feira Internacional de Produtos e Servizos Funerarios (Funergal) o importante papel que desenvolve Expourense na dinamización económica da provincia.

Na súa intervención, Vázquez Abeal sinalou que o recinto é capaz de congregar a miles de persoas cada ano en eventos de relevancia internacional. Así, na décima edición de Funergal, que se celebra hoxe e mañá, participan 111 expositores de 14 países. No marco de Funergal, ponse en marcha unha misión comercial inversa que trae a feira a importadores de Brasil, Colombia e Guatemala, países en pleno proceso de modernización do sector e que teñen ás empresas galegas e españolas como referentes.

A directora xeral de Comercio e Consumo lembrou que, co obxectivo de continuar a impulsar a actividade feiral ao tempo que se favorece a multifuncionalidade do recinto, a Xunta vai investir preto dun millón de euros en Expourense. Así, a achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria permitirá ampliar o aforo da pista de atletismo hidráulica ata as 1500 persoas coa instalación de novas gradas, o que permitirá acoller competicións de maior prestixio; e incrementar o espazo expositivo en 400 m2, de forma que se poidan celebrar de xeito simultáneo no tempo actuacións deportivas e de carácter feiral.

As obras, que se prevén executar este ano, realizaranse mediante un convenio de colaboración con Expourense. Este acordo tamén comprende melloras na eficiencia enerxética do edificio, así como a instalación de diverso equipamento de imaxe e proxección.


- Te recomendamos -