Inicio Galicia A Xunta destaca o labor en favor das persoas máis desfavorecidas dos...

A Xunta destaca o labor en favor das persoas máis desfavorecidas dos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres

0

Concedéuselles preto de 468.000 euros a través da orde de axudas a entidades 2018-2020 para a organización de novas accións formativas e melloras na casa de acollida


O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, destacou esta mañá, durante un acto de entrega de diplomas, a importante tarefa que realizan organizacións de índole social como os Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres en favor das persoas e familias con menos recursos. Arturo Parrado, que estivo acompañado do delegado territorial da Xunta, Ignacio López-Chaves, felicitou ás persoas que completaron as accións formativas desenvolvidas por esta entidade, que contaron co financiamento da Consellería de Política Social e que tiveron por obxecto mellorar a empregabilidade do alumnado dos mesmos.

Na súa intervención, o director xeral garantiu a continuidade do apoio da Xunta ao traballo contra as desigualdades que desenvolven os Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres. De feito, a través da orde de axudas de inclusión para o período 2018-2020, esta entidade recibirá preto de 468.000 euros para a programación de novos cursos de alfabetización dixital e adquisición de competencias clave, e para actuacións de mellora e mantemento da casa de acollida que ten en funcionamento.

Leer más:  Incautan 104 litros de licor sin etiquetar escondidos en bidones de plástico en un bar de Santa Comba (A Coruña)

Arturo Parrado enmarcou esta liña de axudas a entidades, cofinanciada polo Fondo Social Europeo e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no traballo do Goberno galego na procura da igualdade de oportunidades e na loita contra a pobreza. Ao respecto, indicou que a pesar de que a cifra de persoas en situación de carencia material severa se reduciu un 40% no último ano, a Xunta seguirá coa súa aposta polo traballo conxunto coas entidades sociais e co resto das administracións co obxectivo de que as políticas sociais sexan verdadeiramente eficaces e cheguen aos fogares que máis as precisan.

Nesta liña, o director xeral sinalou que o fondo compromiso social do Executivo autonómico se plasma en feitos como o incremento nun 3% do orzamento destinado en 2019 a políticas activas de inclusión, ata chegar aos 119 millóns de euros. Esta contía supón un 70% máis do que a Xunta destinaba a este fin hai nove anos.

Visita á Federación Veciñal Eduardo ChaoArturo Parrado tamén visitou na cidade olívica a Federación Veciñal Eduardo Chao. Esta entidade está a desenvolver un curso formativo de deseño e confección que se imparte a mulleres desempregadas e vítimas de violencia de xénero co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade.

Leer más:  Localizan el cuerpo sin vida de un hombre de 78 años dentro de una cuba de vino en Portas (Pontevedra)

Así mesmo, neste local veciñal ten lugar outro curso para obter o expediente de esforzo de integración que esixe a lei. 


- Te recomendamos -