A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, destacou hoxe na Coruña na presentación do libro Juventud y consumo, nuevos retos, impulsado pola Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña, o importante labor que desenvolve esta entidade na defensa dos dereitos dos consumidores máis vulnerables.
A publicación que se presentou hoxe recolle as intervencións dos conferenciantes do congreso do mesmo título organizado en novembro do pasado ano pola entidade que preside Rosa Celia Otero, e no que se abordaron aspectos como o consumo, os trastornos alimentarios, sexualidade, fracaso escolar, alcohol e drogas e internet e redes sociais.
- Te recomendamos -